A Banda de Música O Landro, de Viveiro, actuará no Teatro Pastor Díaz o 20 de novembro.

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá un concerto este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.

Este concerto, baixo a dirección de Carlos Tirimaos, celébrase na honra de Santa Icía.

A reserva de entradas pódese facer, de luns a xoves, no teléfono 982 560 162, en horario de 9:00 a 14:00 horas; ademais no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es e en taquilla desde unha hora antes da función. A entrada é de balde.

Organiza este evento a Banda de Música O Landro coa colaboración da Concellería de Educación de Viveiro.