Baobab presenta o espectáculo infantil "Ris Ras" o 4 de decembro en Viveiro.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o espectáculo infantil Ris Ras a cargo de Baobab. A representación terá lugar este sábado, día 4 de decembro, ás 18:00 horas e está dirixido ao público infantil a partir de 1 ano.

Trátase dunha montaxe musical e teatral pensada para rir e bailar onde a palabra e as brincadeiras están presentes para trasladar a tradición oral galega.

A venda de entradas é no teléfono 982 560 162, de luns a xoves, en horario de 9:00 a 14:00; ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. e na taquilla dende unha hora antes da función.