Beiras de Viveiro organiza o 1º San Valentín Erótico, que terá lugar os días 10 e 11 de febreiro.

A asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro organiza el 1º San Valentín Erótico. Esta actividade terá lugar o venres, 10 de febreiro, e o sábado, día 11. Levarase a cabo en todos os comercios e locais hostaleiros de Covas. Estes últimos servirán tapas elaboradas especialmente para a ocasión, a un prezo de 2 euros.

Un total de once establecementos participan nesta iniciativa e presentan tapas que se denominan con coñecidos títulos de películas.

Os locais nos que se poden degustar estas tapas son: Tixolas que presenta Huevos de Oro, Galipizza con Los gozos y las sombras, Dekada con La pasión turca, Gruta con Lucía y el sexo, Aquitania con Instinto básico, Nautae con 9 semanas y media, Forum con 50 sombras de Grey, Mesón con Jamón jamón, Sixties con Kiki, el amor se hace, Punto galego con Garganta profunda, y el Temple que ofrece Orquídea salvaje.