A Biblioteca Municipal de Foz convoca o XIX Concurso de Postais de Nadal

A Biblioteca Municipal de Foz convoca a décimo novena edición do Concurso de Postais de Nadal. Hai tres categorías (Educación Infantil, de 1º a 3º de Primaria, e de 4 a 6º de Primaria) e establécense tres premios en cada unha delas.

A postal gañadora entre todas as categorías será reproducida como felicitación oficial do Concello de Foz para o Nadal de 2023.

Os traballos deben entregarse na Biblioteca Municipal de Foz e o prazo rematará o día 12 de decembro ás 20:00 horas.