A Biblioteca Municipal de Xove convoca o concurso de postais de Nadal 2023-2024

A Biblioteca Municipal de Xove convoca o seu concurso de postais de Nadal 2023-2024, no que poderán participar nenos, nenas, rapaces e rapazas do municipio.

As postais deberán ter tamaño de cuartilla e hai que entregalas na Biblioteca Pública Municipal de Xove. O prazo remata o día 11 de decembro.

Hai tres premios para cada unha das 5 categorías, que son para alumnado de: 4º, 5º e 6º de Infantil; 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de Primaria; e de 1º a 4º da ESO.

As bases deste concurso están depositadas na Biblioteca Municipal de Xove e tamén se poden consultar na web do Concello:   http://www.xove.es.