A biblioteca pública de Alfoz convoca os certames de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2021.

A biblioteca pública de Alfoz convoca os certames de narración e debuxo infantil para celebrar o Día das Letras Galegas 2021. Hai tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. O tema é “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”.

Os traballos recolleranse na Biblioteca Pública de Alfoz ata o día 24 de maio e as bases están publicadas na páxina web do Concello.