Bravos, en Ourol, celebra a súa tradicional Festa da Tortilla o 25 de marzo.

A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebra a súa tradicional Festa da Tortilla este sábado, 25 de marzo, como cada ano por estas datas.

Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte e será no seu local social a partir das 21:00 horas.

Haberá degustación de tortilla e de raxo de balde, ademais de baile amenizado polo dúo Estrellas.