Burela convoca o IV Certame de Debuxo-Pintura e o IV Concurso de Lemas para celebrar o 21 de marzo do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

A Concellería de Inmigración e Cooperación do convoca o IV Certame de Debuxo-Pintura e o IV Concurso de Lemas con motivo da celebración o vindeiro 21 de marzo do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

O obxectivo do certame de Debuxo-Pintura “é concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre a problemática da discriminación racial e a súa prevención”, segundo explica Angélica Gómez.

A edil socialista sinala que “no IV Certame de Debuxo-Pintura poden participar rapaces/as dende os 6 anos en diante, sen límite de idade, empadroad@s no Concello de Burela e/ou escolarizad@s en calquera dos centros educativos do municipio. Haberá dúas categorías, de 6 a 12 anos, e de 13 anos en diante. Ademais haberá unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e de Eu Son. A técnica do debuxo é libre e a medida tamaño folio DIN A4”.

Angélica Gómez conta que “haberá un premio para cada categoría: publicación dos debuxos seleccionados conmemorando o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e un agasallo valorado en 60 euros para cada unha das categorías”. 

Os traballos deberán enviarse sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais d@ autor@, e poderán presentarse ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela (rúa Eijo Garay, 20 27880-Burela) ou nos centros de Educación Primaria e Secundaria da localidade.

O prazo de recepción de orixinais finaliza o día 15 de marzo. 

O IV Concurso de Lemas “pretende transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da discriminación racial”, dixo Angélica Gómez.

A concelleira de Inmigración e Cooperación indica que “neste concurso poden participar as persoas empadroadas no Concello de Burela e/ou escolarizad@s en calquera dos centros educativos do municipio. Cada participante pode enviar ata un máximo de 5 lemas con sete palabras como máximo cada un deles, e proporalle á organización os lemas que elixiu enviando unha mensaxe de correo electrónico a integracioninmigrantes@burela.org”.

Entre todos os lemas enviados escollerase un que será o que distinga a celebración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial do ano 2018, e que será o gañador do premio valorado en 60 euros.

O prazo de entrega remata tamén o 15 de marzo do 2017.