A campaña As Rodas da Sostibilidade chega a Lourenzá e a Xove os días 28 e 29 de setembro.

A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá e coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove, e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, pon en marcha a campaña promocional As Rodas da Sostibilidade.

Os clientes de Lourenzá que realicen compras, entre os días 20 e 28 de setembro, nos establecementos asociados á Acial poden participar nesta iniciativa e, cunha compra mínima de 10 euros, poderán tirar dunha das dúas rodas instaladas, segundo o importe da compra realizada. No caso de Xove as compras deberán realizarse nos negocios asociados á Aciam entre o 20 e o 29 de setembro. 

As Rodas da Sostibilidade xirarán o martes, día 28, de 11 a 14 horas na praza do Concello en Lourenzá e o día 29 no Centro de Cívico de Xove no mesmo horario. Vanse sortear moitos agasallos sostibles para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.

A campaña As Rodas da Sostibilidade busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo.