Cancelado en Xove o gran concerto de Nadal da Orquestra Clásica xovense. O 28 de decembro terá lugar o IX Concurso de Karaoke.

Hoxe, venres 27 de decembro, estaba previsto celebrar ás 19:00 horas o Gran Concerto de Nadal, tradicional concerto de música clásica que se ven celebrando dende ahí moitos anos neste Concello nestas datas navideñas. Pois ben, debido ao falecemento da nai da directora da Escola Municipal de Música de Xove, o Gran Concerto de Nadal queda cancelado.

E segue aberta a inscrición para participar no IX Concurso de Karaoke que se celebrará o sábado, día 28, no pavillón de deportes. 

Un dos grandes eventos do programa de Nadal do Concello é, sen dúbida, o Concurso de Karaoke. A inscrición para participar continúa aberta, podendo facerse presencialmente nas oficinas do Concello, concretamente no despacho do Técnico de Cultura,  ou ben chamando ao Concello ao 982592001, en horario de oficina.

Ademais disto, o mesmo día do karaoke, o sábado 28, tamén teremos aberta a inscrición no Pavillón de Deportes en horario de 17:00 a 19:00 horas.