Cangas de Foz celebra a súa VII Feira de Gando o 18 de agosto. Haberá probas, paseos, exposición de maquinaría, artesanía e gastronomía.

Á area recreativa Os Castros, de Cangas de Foz, acollerá este domingo, 18 de agosto, a sétima edición da feira de gando anual. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración de Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.

A apertura da feira será ás 10 da mañá e ás 16:30 horas comezarán as probas de andadura, trote e carreira de burros. A continuación terá lugar a entrega de premios.

No recinto feiral poderá degustarse polbo á feira, xamón, churrasco e outros produtos. Durante a mañá haberá cabalos para paseos gratuítos, farase unha exposición de maquinaria e artesanía e o evento contará con animación musical a cargo dunha discoteca móbil.