A cantautora Bea a de Estrella presenta o seu libro disco Mareira o 6 de marzo na Librería Bahía, de Foz

A cantautora galega coñecida artisticamente como Bea a de Estrella presentará o seu libro disco titulado Mareira o 6 de marzo, mércores, en Foz. Será na Librería Bahía ás 20:30 horas.

“A música será protagonista na libraría o vindeiro mércores, día 6 de marzo, da man de Bea a de Estrella e o seu libro disco Mareira”, anuncia Librería Bahía.

O acto será presentado por Teresa Nécega.