Carlos Callón presentará en Ribadeo "O libro negro da lingua galega" o 3 de novembro. Ao día seguinte visitará centros de ensino.

A Casa do Viejo Pancho acollerá o vindeiro xoves, 3 de novembro, a presentación de O libro negro da lingua galega, do que é autor Carlos Callón. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “o acto terá lugar na sala de presentacións a partir das 20:00 horas. Carlos Callón é doutor en filoloxía e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística”. 

Otero Cabarcos explicou que “tamén haberá charlas de presentación de Carlos Callón o 4 de novembro en centros de ensino de Ribadeo. Ás10 da mañá será no salón de actos do Colexio Sagrado Corazón e ás 11.30 horas no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo”. 

A edil ribadense engadiu que “esta actividade, enmarcada no ciclo #OConcelloCosColes, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística”.