A Casa da Cultura do Vicedo acollerá música e teatro durante o presente mes de outubro.

O sábado, día 13, haberá cine e música con Olga Brañas que musicaliza, en directo co seu piano, a película O moderno Sherlock Holmes, de Buster Keaton (1924), con pezas que van desde infantís a clásicas, improvisacións propias ou temas de raíz. É un espectáculo recomendado para todas as idades que terá lugar na Casa da Cultura a partires das 19:00 horas.

E o 27 de outubro, ao igual que principios de mes, volverá o teatro co grupo A Adala de Foz que presentará a obra Elixir de xuventude. A historia conta como a monotonía dun convento vese alterada polos aires de modernidade dunha nova monxa. Será na Casa da Cultura de O Vicedo con entrada gratuíta.