A Casa do Mar de San Ciprián acollerá o 3 de novembro a VI Larpeirada de Ourizo de Outono.

A Casa do Mar de San Ciprián acollerá o vindeiro venres, 3 de novembro, a VI Larpeirada de Ourizo de Outono

Na programación figura un concurso gastronómico de postres de castañas. Os participantes deberán entregar os seus postres ás 16:30 horas, ás 17:00 horas será a degustación por parte do xurado; e xa ás 18:00 horas está prevista a entrega de premios.

Ás 18:30 horas haberá unha actuación dedicada ao público infantil.

A continuación, collerá o testigo o Magosto Popular, organizado pola Asociación Clan, en colaboración co Concello de Cervo. Será a partir das 19:00 horas; e haberá castañas asadas, e tapas de xamón cocido, chourizo e patacas; e orella.

O evento estará amenizado con música tradicional; e ao remate do magosto haberá un concerto con música en directo a cargo da Rebolaxe.

Xa a partir das 23:30 horas está programado un concurso de karaoke.

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a participar nesta festa de Outono que ten como principal protagonista o froito estrela desta época, a castaña.