Caxoto contará contos ambientais o día 22 de maio en Alfoz na Casa da Cultura. Ao remate haberá unha entrega de premios.

Miña casa, meu lar é o título dos contacontos de medio ambiente que contará Caxoto o domingo 22 de maio ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate farase a entrega dos premios do concurso de narración e debuxo das Letras Galegas da Biblioteca Municipal.

Caxoto é un experto en xestión de residuos: un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor.

Este espectáculo está subvencionado a través do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.