Cervo acollerá infinidade de actividades durante a Semana Santa como cine, teatro ou a Festa do Mexilón.

O alcalde, Alfonso Villares, xunto coa Concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, e a Concelleira de Turismo, presentaron este venres o Programa de Marzo, no que se inclúen todas as actividades que se van a realizar no Concello de Cervo durante esta Semana Santa.

O alcalde resalta que é un programa que destaca pola súa diversidade, xa que “ten actividades que se poden adaptar a todos os gustos e idades”.

Pola súa banda a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés sinala que traballaron ca intención de “ofrecer un amplo abanico de posibilidades, desde humor ata gastronomía, pasando polo cine e a arte”. 

O programa divídese en cinco categorías: Arte, Xuventude, Cine, Actuación e Gastronomía. 

No apartado de Arte temos unha exposición sobre Rosalía de Castro na Biblioteca de Cervo, desde o 26 de Marzo ata o 2 de Abril e un Taller de Mandalas que terá lugar o luns 26 de Marzo no Ecomuseo de Cervo.

En Xuventude temos os Enredos de Semana Santa entre o 26 e o 28 de Marzo; o Escape Room o martes 27 de Marzo na Casa da Cultura e o Taller de Drons o mércores 28 de Marzo no Pavillón da Veiga.

No apartado de Cine, o domingo 25 proxectarase a película “Yo él y Raquel” para o público xuvenil, o luns 26 “Up” e o mércores 28 “Wall-E” para os máis pequenos; e por último o sábado 31 proxectarase a curtametraxe “Matria” de Álvaro Gago.

No bloque de Actuacións o sábado 24 de Marzo temos ao grupo de teatro Andanzas de Viveiro coa obra “Las entretenidas”; o xoves 29 de Marzo acturará a coral “Mar Aberto de Foz e o venres 29 de Marzo Sergio Pazos fará rir a todos co seu monólogo. Todas estas actividades terán lugar no Auditorio da Casa da Cultura.

Por último, no apartado gastronómico, temos outro ano máis a Festa do Mexillón, que terá lugar nos diferentes locais de hostalería de San Ciprián.