Cervo acollerá o 22 de setembro o I Campionato Galego e o III Interautonómico de Taiji Quan, que reunirá a medio cento de deportistas.

I Campionato Galego e III Interautonómico de Taiji Quan, na modalidade de Tao Lu, terá lugar este domingo, 22 de setembro, no Pavillón do CEIP Península da Paz, a partir das 10:30 horas.

A cita, na que se estima que participarán medio cento de deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Asturias e Castela-León, foi presentada polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo Director Nacional do Departamento de Taiji Quan, Miguel Ángel Rojo.
A entrega dos trofeos está prevista para as 13:00 horas.