Cervo celebra os días 22 e 23 de setembro a festa na honra da Virxe das Dolores. A programación inclúe a V Festa Popular dos Callos.

A parroquia de Cervo celebra a Festa na Honra da Virxe das Dolores esta fin de semana.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os membros da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo e Federico Lage, presentaron o evento.

A cita comezará o sábado 22 coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a V Festa Popular dos Callos; que se reanudurá pola tarde, e que estará amenizada por DJ FDB.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo da orquestra Salsarena; seguida da actuación de Tania Veiras, que fará unha homenaxe á canción galega.

Xa o domingo 23 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar o pasarrúas e a procesión acompañada da banda TAU de Viveiro. 
Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú prolongada co Grupo Tribal.

A Festa está organizada pola A.C. Virxe das Dolores coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.