Cervo celebrará os días 23 e 24 de setembro a festa na honra da Virxe das Dolores. O sábado terá lugar a festa dos callos.

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a fin de semana do 23 e 24 de setembro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a de Turismo, Manuela Méndez, e o Presidente da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo, presentaron o evento.

A cita comezará o sábado, 23, coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a IV Festa Popular dos Callos; que se reanudurá pola tarde, dende as 19:00 horas e que estará amenizada por DJ FDB.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo das orquestras Alma Latina e Salsarena.

Xa o domingo, 24, haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar a procesión acompañada da orquestra Alma Latina.

Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú prolongada con esta mesma orquestra.
A Festa está organizada pola A.C. Virxe das Dolores coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a todos, veciños e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.