Cita teatral en Ourol o 6 de setembro. Dinamia Teatro porá en escena "La Pimentera". Despois haberá foro sobre o papel da muller na sociedade actual.

O  Concello de Ourol acollerá o vindeiro 6 de setembro á formación teatral  Dinamia Teatro, que chega coa súa obra “La  Pimentera”, unha idea orixinal de Miguel Fernández e que conta con  guión e dirección de  Tatyana Galán. A cita será no Edificio Multiusos do  Concello ás 17:00 horas. 

Esta nova representación teatral trata sobre o papel das mulleres no ámbito rural. Tras a obra, realizarase un foro participativo onde os asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual. Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e conta tamén co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. 

Para este acto será obrigatorio cumprir coas medidas de seguridade vixentes contra a COVID-19, polo que o aforo estará limitado a 30 persoas e será obrigatorio o uso da máscara.