A Concellería de Medio Ambiente de Burela organiza un obradoiro de conservas. Será o 24 de xaneiro na praza de abastos.

A Concellería de Medio Ambiente organiza un Obradoiro de Conservas que terá lugar 24 de xaneiro de 16:30 a 19:30 horas  na praza de abastos.  

Segundo explica Noelia Mª Ben “trátase dun obradoiro de iniciación á elaboración de conservas, marmeladas e licores caseiros. O obxectivo é coñecer o xeito correcto e seguro de conservar e preparar os excedentes da horta, así como os produtos tradicionais e de tempada, por medio de distintos sistemas de preservación. Ademais de valorar as numerosas vantaxes da elaboración das conservas, marmelos e licores dun xeito doméstico e caseiro, dende o punto de vista ecolóxico, económico e produtivo da nosa horta, bosque, mar e xardín”.

A edil burelesa subliña que “o obradoiro é totalmente gratuíto para os participantes, ten un número de prazas limitadas, e para inscribirse hai que achegarse á Oficina de Medio Ambiente do Concello de Burela (sita na antiga Capitanía) ou chamar ao 982 58 08 67”.