Continúa o Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, os días 23 e 24 de novembro en Barreiros, Ribadeo, O Vicedo e Mondoñedo.

Esta fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Barreiros, Ribadeo, O Vicedo e Mondoñedo.   

Esta cuarta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 23 de novembro, en  Barreiros. O restaurante A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24, o sábado, Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo. 

Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, Area Grande, O Almacén, As Sirenas e Parador de Turismo de Ribadeo. 

A cita arrincou o pasado 2 de novembro e rematará o 1 de decembro. 

Xa o día 30 de novembro en As Sirenas, en Viveiro, estará o Mago Teto; e no Almacén, en Cervo o Mago Rafa; e finalmente o 1 de decembro o Mago Teatro levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo. 

Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. Os restaurantes dispoñen de menús infantís e de diferentes posibilidades gastronómicas para que os máis pequenos e pequenas tamén gocen destas noites de maxia e de ilusión. 

O sétimo Mes da Maxia está organizado pola Mancomunidade de Municipios da Mariña no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia.