A Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, recibiu a certificación que a distingue como Destino Turístico Científico.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu esta mañá o acto de entrega da certificación Observer® que distingue á Cova do Rei Cintolo como Destino Turístico Científico.

Trátase dun selo internacional co que se dá un paso máis na posta en valor deste patrimonio natural. As experiencias desenvolvidas ao abeiro do Turismo Científico permiten ao visitante achegarse ao territorio dende a perspectiva dun observador científico. O visitante entende que co turismo científico, ademais de visitar paraxes de gran beleza, vai a aprender e entender, de maneira sinxela e sen esforzo, moito máis sobre o funcionamento da la natureza. Todo elo, desenvólvese dende un punto de vista sustentable e rigoroso e establecendo como base a conservación.

Un paso máis na posta en valor da Cova do Rei Cintolo
Durante o acto de entrega do diploma, selo e informe oficial, no que participaron a directora de ObserverScienceTourism, Marta Vence;  un representante da Federación Galega de Espeleoloxía e o espeleólogo e auditor Observer, Marcos Vaqueiro; a alcaldesa da localidade, ElenaCandia, asegurou que se está ante “un paso máis” na posta en valor de xeito divulgativo da Cova do Rei Cintolo. 

No ano 2011 Concello de Mondoñedoregulou a posibilidade de visitas guiadas á Cova. Sendo así, a primeira e única Cova galega, habilitada para visitas e, agora, “continuamos a promover este recurso”. Con esta pretensión divulgativa, o Concello programa desenvolver un proxecto de colocación de paneis informativos e mesas explicativas da Cova do Rei Cintolo. Por unha banda, con información relevante como son o horario de visitas, apertura, recomendacións e, por outra banda, coas características histórico científicas máis importantes. Ademais o proxecto tamén inclúe a colocación de dez paneis de tamaño A5 que irán dentro da Covacon recomendacións puntuais e a creación dunha páxina web.

Selo internacional
O procedemento para ser Destino Turístico Científico implica unha solicitude polo Concello, trala que o órgano xestor de Observerdecididirá se o solicitante cumpre cos requisitos mínimos. Unha vez iniciado o proceso de certificación, este implica o desenvolvemento dun proceso de auditoría que consiste nunha avaliación e estudio da zona, no que se teñen en conta valores obxectivos, como poden ser as diferencias naturais de cada territorio, zona ou lugar, entre outras variables. Ademais tamén se ofrece un enfoque cuantitativo para entender e xestionar os impactos derivados da implementación do Turismo Científico. Tras o informe emitido polo auditor, este será revisado detalladamente polo ComitéObserver®, (expertos independentes de recoñecido prestixio provenientes de diferentes áreas e disciplinas científicas)iniciándose así a fase de Certificación, que inclúe e ofrece un sistema estándar de valoración da calidade dos produtos e servizos creados baixo o concepto de Turismo Científico, dando asesoría aos solicitantes. 

Cova do Rei Cintolo e visitas
A Cova do Rei Cintolo é a caverna calcaria máis grande de Galicia, cun desenvolvemento de 6.500 metros de lonxitude, dos cales máis da metade topografiados, e conta cun desnivel de 75 metros.
Estrutúrase en catro sectores: Sector Central, Zona Nova, Vía dos Apóstolos e Dédalo Sur. Pola súa cota máis baixa discorre o Río Celtas. Foi catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia como depósito de tipo Paleolítico.
As visitas á cavidade, pódense concertar na Oficina Municipal de Turismo (Teléfono: 982.50.71.77).