Desde o 16 de outubro ata o vindeiro mes de xuño de 2020 desenvolverase en Ourol un curso de memoria para maiores.

O Concello de Ourol organiza un curso de memoria para maiores.

A actividade dará comezo o día 16 de outubro e terá lugar no Edificio Multiusos, en horario de 11:00 a 12:30 horas. O curso desenvolverase todos os mércores e rematará no mes de xuño.

As persoas en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, co número de teléfono 982 55 91 09.