Do 1 ao 10 de marzo poderase ver na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición fotográfica "Síntese" con proxectos realizados polo obradoiro de emprego Doc-Tic II.

O Concello inaugura a exposición fotográfica Síntese sobre os proxectos realizados polo obradoiro de emprego Doc-Tic II. Esta interesante mostra está composta por 23 fotos seleccionadas entre as realizadas  para os dous proxectos fotográficos que forman parte da actividade formativa e que se engade aos traballos de dixitalización de documentación histórica do Concello. Cada participante seleccionou 4 obras.

Con esta iniciativa móstrase parte do traballo realizado polos participantes nas dúas especialidades que integran este obradoiro  que  conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020.

O acto inaugural terá lugar o vindeiro venres, 1 de marzo, ás 12:00 horas coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, e outras autoridades do Concello.

A exposición Síntese poderase visitar ata o día 10 de marzo na Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.