Do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado da Escola de Música de Burela.

Ata o 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Burela para as persoas que xa son alumnas e alumnos do centro, segundo informa a Concellería de Cultura. 

E do 1 ao 15 de xullo será o prazo para o novo alumnado. Ademais do 1 ao 15 de setembro ábrese un período para as prazas libres que puidesen quedar. 

Desde a Concellería de Cultura indican que “os prazos e as taxas de pago seguirán sendo os mesmos que ata o de agora, polo que no caso de renuncia poderá facela efectiva, coma en anos pasados, ata o 30 de setembro, anulando deste xeito o proceso de pago”.

José Díaz, o concelleiro de Cultura, anima “á xente a matricularse na nosa Escola de Música, dado o nivel altísimo que está acadar ano tras ano, e que se vai consolidando co paso do tempo. É moi importante a formación que se imparte, pero tamén todas as actividades que desenvolven ao longo do ano”.

O concelleiro de Cultura engade: “é importante que ninguén perda a oportunidade de formar parte da Escola de Música de Burela”.