Do 1 ao 19 de agosto celébranse as festas patronais de Viveiro. Na programación figuran a Mostra Folklórica Internacional, a Feira do Libro ou o concerto de Coti.

As festas patronais de Viveiro celebraranse desde o 1 ata o 19 de agosto.

O xoves 1 ás 20:30 horas na praza Maior dará comezo a Mostra Folklórica Infantil. O venres 2 ás 22:30 horas tamén na praza Maior ofrecerá un concerto de música folk Bágoas da Terra. O sábado 3 ás 22:30 horas na praza Maior actuará o Gran Ballet Arxentino.

O domingo 4 ás 20:30 horas na praza Maior terá lugar a Gran Gala Internacional da Mostra Folklórica de Viveiro; e durante todo o día, nos Xardíns Noriega Varela, celebrarase o Festival de Cervexa Artesá. O 5 de agosto ás 20:00 horas na praza da Fontenova presentarase o espectáculo de Raquel Queizás. O mércores 7 ás 20:30 horas na praza da Fontenova ofrecerá un concerto Eu Son Band.

O día 8 de agosto ás 22:20 horas dará comezo a carreira popular Adrián Ben; e ás 00:00 horas na praza Maior actuarán en concerto Los Indecisos. O venres 9 ás 19:00 horas nos Xardíns Noriega Varela inaugurarase a Feira de Artesanía; e ás 21:00 horas na praza Maior haberá un concerto da Banda Municipal de Música coa directora convidada Isabel Rubio. O domingo 11 ás 21:00 horas na praza Maior haberá o Festival de Corais. O martes 13 ás 21:00 horas na praza Maior terá lugar un concerto de música cubana.

O programa das festas patronais de Viveiro seguirá o mércores 14 ás 12:00 horas na praza Maior inauguraranse as festas co izado das bandeiras e actuacións da Banda de Música e a Banda Tau; e ás 19:00 horas nos Xardíns Noriega Varela abrirase a Feira do Libro. O xoves 15 ás 23:00 horas na praza Maior terá lugar o concerto de Coti. O venres 16 ás 00:00 horas haberá fogos de artificio. O sábado 17 ás 18:00 horas nas Nogueiras celebrarse unha sardiñada. O domingo 18 ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz presentarase Teatro do Humor. Finalmente, o luns 19 será o Día do Neno con actividades nos Xardíns Noriega Varela a partir das 17:00 horas. 

Tamén haberá durante o mes de agosto actividades deportivas, visitas guiadas, exposición e actos litúrxicos.