Do 1 ao 29 de setembro estará aberta a preinscrición na Escola Municipal de Música de Xove para o curso 2017/18.

Dende o  1  ata o  29 de setembro, ámbolos dous días  incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2017-2018 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

A primeira semana de outubro fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.017/18. 

Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar  a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor antes do 17 de outubro de 2017. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2016/2017 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o  pasado  mes de xuño.