Do 10 ao 13 de setembro celébranse en Mondoñedo as Festas dos Remedios cun amplo programa de actividades.

Entre os días 10 e 13 de setembro desenvólvese en Mondoñedo a programación cultural dos Remedios.

O venres, de setembro, ás 20:30 horas, celébrase a VII edición do festival Mamá quero cantar. Terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga e as reservas fanse na Escola de Música.

O sábado 11 ás 17:15 horas no Centro de Interpretación do Camiño Norte, representarase o espectáculo de improvisación teatral A familia Trivilorio. Ás 20:30 horas Os 6 gaiteiros de Riotorto percorrerán as rúas da vila tras saír da Alameda dos Remedios. Ás 22:00 horas celebrarase A gran gala do circo, maxia e humor, presentado polo Neto de Gayoso. Será na Alameda dos Remedios. Ás 23:00 horas actuará o grupo Principal; e tamén ás 23:00 horas na praza do Concello terá lugar o Merlín Fest co concerto de Superglú.

O domingo 12 ás 12:00 horas celebrarase a misa de ofrenda á patroa Nosa Señora dos Remedios. Ás 13:30 horas na Alameda ofrecerá un concerto a Banda de Música de Meira; e ás 18:00 horas presentarase o espectáculo musical Cómica de Lingua con Raquel Queizás.

O luns 13 ás 12:30 horas oficiarase a Misa de Cofrades no Santuario dos Remedios. Ás 13:30 horas actuará o dúo Zafiro; e ás 18:00 horas na praza da Catedral, presentarase o espectáculo de Sue Moreno.

Organizan estes festexos: a Comisión de Festas Os Remedios, o Concello de Mondoñedo, Xacobeo 21-22, Xunta de Galicia e Área de Cultura da Deputación de Lugo.