Do 10 ao 18 de marzo terá lugar a campaña do Día do Pai que organiza a asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro.

Desde el CCH de Viveiro comentan que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 5 caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras 5 caixas sorpresa Experience Gastronomía local. As caixas Experience Comercio Local están compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ó CCHV, e as Caixas Experience Gastronomía Local conteñen unha experiencia gastronómica en familia en calquera dos negocios de hostalaría asociados ó CCHV”. 

E engaden: “serán un total de 1.500€ en premios, sendo o valor de cada caixa de 150€.O contido detallado de cada caixa será unha sorpresa ata o momento no que se faga entrega ós gañadores. Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o mércores 10 ata o xoves 18 de marzo. O sorteo realizarase o martes 23 de Marzo ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, e comunicaráselle de inmediato ós gañadores”.

Desde o CCH sinalan que “no caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador. Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro. As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram”.