Do 17 ao 20 de maio Viveiro celebrará con diversas actividades o Día das Letras Galegas.

Viveiro acollerá a celebración de diversas actividades con motivo do Día das Letras Galegas.

O xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas, na Praza da Fontenova, actuarán Tempus Fugit e Coral-Alborada. Ademais haberá postos das librarías Porta da Vila e Neira Brochs (se chove estas actividades terán lugar na Sala Multiusos do Concello).

O sábado, 19 de maio, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal celebrarase Cataventos, un contacontos narrado por Pedro Brandariz. A entrada é de balde ata completar aforo.

O domingo, 20 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz, terá lugar a Gala da Lingua con Cándido Pazó, Brandariz e Rei, Najla Shami e Lois Pérez. A entrada é de balde ata completar aforo.