Do 17 ao 20 de outubro celébranse en Mondoñedo as Feiras e Festas de As San Lucas. Haberá espectáculos con cabalos e o I Festival Intercéltico, entre outras actividades.

Este xoves, 17 de outubro, dará comezo unha nova edición das San Lucas, as feiras e festas máis antigas de Galicia.

O xoves 17 ás 13:00 horas procederase ao disparo de bombas e o volteo das campás maiores da S.I. Catedral Basílica anunciando o inicio das festas. Ás 14:00 horas no pavillón municipal de deportes haberá xantar-baile para a xente inscrita na Xuntanza da Terceira Idade. Ás 18:00 horas, será a chegada dos cabalos polas rúas ata a feira; ás 20:45 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do dramaturgo Manuel Lourenzo; e ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Panorama e Grupo Beatriz.

O venres 18 ás 8:00 horas comezará a feira de gando cabalar. Ás 11:30 horas o grupo Mircromina Títeres presentará a obra Móvense os marcos? e ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa Orquestra Palladium. Ás 17:30 horas iniciarase o concurso de andadura galega libre; ás 20:30 horas Xentes de Álvaro Cunqueiro porá en escena a obra Música Vespertina, dirixida por Manuel Lourenzo; ás 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Palladium e Olympus; ás 23:00 horas na praza da Catedral terá lugar o espectáculo de doma nocturna; e ás 23:00 horas será a festa de décimo aniversario de disco móbil Eventec.

O sábado 19 ás 11:30 horas celebrarase o acto dos 800 anos das obras da Catedral; ás 11:30 horas abrirase a inscrición para o concurso morfolóxico de cabalos e eguas de pura raza galega; e ás 14:15 horas haberá sesión vermú coa orquestra Aramio. Ás 17:00 horas terá lugar o encontro folklórico cos grupos Banda de Gaites de Corvera (Asturias), Os Misturas de San Cibrao e O Arco da Vella de San Miguel; ás 17:30 horas celebrarase o derby do Fiouco entre Mondoñedo FC e Abadín CF; ás 20:00 horas será o Festival Intercéltico As San Lucas con Bras Rodrigo, con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, co grupo irlandés Lunasa e co grupo bretón Gwendal.

O domingo 20 ás 11:30 horas terá lugar a homenaxe a Noriega Varela no 150 aniversario do seu nacemento. Ás 12:30 horas será o acto de entrega do Premio Mondoñedo 10; e ás 14:15 horas haberá sesión vermú coa orquestra La Oca Band. Ás 16:30 horas dará comezo o VIII Concurso de Cabalos Trotóns; ás 18:30 horas no auditorio Pascual Veiga actuará o monologuista Alex Clavero; e ás 20:00 horas, haberá verbena con La Oca Band e Los Satélites.