Do 23 ao 26 de marzo terá lugar o VI Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro, no que participan trece locais hostaleiros.

O 23 de marzo arranca o VI Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 2€ cada unha, os clientes poderán disfrutar de 13 tapas diferentes nos locais participantes. 

Nesta edición sorprenderanos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras. 

Os locais que participan e as súas tapas son: 

1.- Mesón A Ría con Enchilada de langostinos en salsa criolla
2.- O Rincón do Tronco con Navegando hasta Isla Perejil
3.- Asador La Quinta con Solomillo de vacuno, robellones y habitas con puré verde y teja de patata
4.-  Mesón O Recuncho con Rollito de picadillo de Mar
5.- Bar Normandy con Juego de Sabores con uvas rojas y vino tinto
6.- Restaurante Casa Pepi con Chipirón con arroz negro
7.- Bar O Atallo con Pulpo a la vinagreta
8.- Bar Cantábrico con Doncella en Salsa Agridulce
9.- Mesón Imperial con Mar y Tierra
10.- Gastrobar Los Leones con Croca de Buey marinada, chutney de tomate y queso de cabra
11.- Cornelius Taberna Gastronómica con O polbo papa á Nécora
12.- Restaurante O Muro con Capitol
13.- Bar La Fontana con Cama de grelos con pulpo y crujiente de oreja

Fora de concurso colaborará o Restaurante O Asador, que ofrecerá unha tapa especial ós seus clientes durante os días do concurso. 

Os locais servirán as tapas tódolos días cun  horario mínimo de 12:00 a 15:30 h e de 20 a 24h (a excepción do domingo que se servirán ata as 22h). En cada local participante, haberá  “Tarxetas de votación” a disposición dos clientes.
Cada vez que un cliente deguste unha das tapas do concurso, o establecemento selaralle a “Tarxeta” na casiña correspondente ó seu local. 

Os clientes poderán votar a tapa que máis lles guste e entrar no sorteo de 1.000€. Esta é a novidade deste ano, que serán 2 premios distintos, por un lado 200€ para aquelas tarxetas que teñan un mínimo de 7 selos, e por outro, 800€ entre tódalas tarxetas que estean completas, é dicir, teñan 13 selos. 

O voto poderase realizar ata o 26 de marzo ás 22 horas, en calquera das urnas ubicadas en tódolos locais participantes.  
       
Para os locais participantes haberá 3 premios:

- Mellor tapa popular: elixida mediante as votacións dos clientes. 
- Mellor presentación: elixida por un xurado  alleo ó evento.
- Mellor tapa tradicional: elixida por un xurado  alleo ó evento.

El  jurado estará formado  por Juan Manuel Paz, técnico especialista en hostelería, Carlos Pérez Martin, jefe de cocina del restaurante Mis en Plas y del Rincón do Mis, formado en la Escuela de Hostelería de Foz y Conchi Carreirras Vizoso, profesora de cocina de la Escuela de Hostelería de Foz. 

O 27 de marzo a organización procederá ó reconto de votos, sorteo dos premios, y posterior comunicación ós agraciados e ós locais gañadores.