Do 27 ao 29 de xullo celébrase en Sargadelos, en Cervo, a terceira edición de Gadélica pola que pasarán grupos como Malandrómeda ou Maislume.

O Concello de Cervo acollerá a III Edición de Gadélica Sargadelos desde o venres e ata o domingo.
 
A Festa, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais “As Espalladoras”, e de Alberto Casas, e que contra coa colaboración doutros veciños e veciñas do municipio e do Concello de Cervo, arrincará ás 21:00 horas de hoxe cunha cerimonia inaugural de Ioga, a cargo de Mariló Ruíz, no escenario Delos Garden.
 
Xa ás 21:30 horas, no escenario principal, está prevista a actuación de Güintervan, seguida dun dos concertos principais do festival, o de Mounqup (23:00 horas); a continuación será a quenda de Astral Dub Experience.
Mentras, tamén desde as 21:30 horas, no Delos Garden, terá lugar a actuación de Gloom Music.
 
O sábado a hora do vermú estará amenizada por Perfusión desde as 13:30 horas; e ás 21:30 horas, no escenario principal, está prevista a actuación de Enko&Vimol, seguida do agardado concerto de Malandrómeda, ás 23.00 horas. A continuación actuará The Gloom Moon Night.No Delos Garden, desde as 21:30 horas está prevista a actuación de Maislume Kolektive, seguido de Hortical, Ovella Negra e Seck in Dub.
 
Ademais de música haberá actividades complementarias para todos os públicos. O sábado ás 11:00 horas haberá unha sesión de fitoterapia, ás 12:00 e ás 17:00 horas haberá taller de mandalas; ás 19:00 horas, taller de Sitar e  ás 20:00 horas taller de runas.
 
O domingo, ás 19:00 horas, haberá taller infantil de pompas e ás 21:00 horas taller de Hula Hop.
 
Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a que participen neste evento no que a música e a natureza se fusionan ofrecendo unha faceta diferente e máxica desta paraxe, na que se volve prestar especial atención á decoración e a ilumniación, de xeito que As Antigas Fábricas de Sargadelos e a súa contorna reflictan a súa beleza natural.
 
O festival contará con gran diversidade de postos de artesanía e gastronomía que farán de Gadélica Sargadelos un encontro de diferentes culturas e no que degustar diferentes receitas.