Do 28 de decembro ao 4 de xaneiro a Biblioteca Pública de Alfoz acollerá actividades infantís. O prazo de inscrición ábrese o 19.

Na Biblioteca Pública de Alfoz, durante as vacacións de Nadal, de 17:00 a 19: 00 horas poderase desfrutar dunha ampla programación de actividades para os máis pequenos: xogos e videoxogos, manualidades, coreografías, películas.

A partir do 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición. As solicitudes entregaranse na Oficina de Rexistro do Concello, onde tamén estarán dispoñibles para cubrir polos interesados/as. Son de balde e hai prazas limitadas. 

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 982 558 001 (ext. 2 Arantxa).