Do 30 de xuño ao 2 de xullo celebrarase en Ribadeo o XI Curso de Iniciación ao Jazz e Música Moderna, que organiza a asociación Bruar.

Do 30 de xuño ao 2 de xullo celebrarase en Ribadeo a décimo primeira edición do Curso de Iniciación ó Jazz e Música Moderna organizado pola asociación Bruar.

A actividade será impartida por Hansel Díez co vento, Carmen Rey coa voz, Javier Constenla ao piano, Chus Pazos á batería e Virxilio da Silva á guitarra.

Este curso terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Ribadeo.

As persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 677 734 084.