Do 4 ao 7 de setembro haberá tobogáns acuáticos na Praza dos Campos en San Ciprián.

Trátase dun impresionante tobogán de 6 metros de alto que termina nunha piscina chamado Super Blue. E tamén o Kamikaze. A entrada é de balde, pero é preciso inscribirse no mesmo lugar. 

O 4 de setembro funcionarán en horario de 17 a 20 horas. E os días 5, 6 e 7 será de 12:30 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. 

Segundo informa o Concello de Cervo hai un horario reservado a Concilia o martes, mércores e xoves entre as 11 e as 12:30 horas.