Do 5 ao 9 de xullo haberá un curso de iniciación ao kaiak no Vicedo.

O Concello de O Vicedo organiza un curso de iniciación ao kaiak que se desenvolverá do 5 ao 9 de xullo de 17 a 19 horas.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 10 anos e que estean empadroados no Concello do Vicedo. Hai dez prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Esta debe facerse a través do teléfono 982.59.01.95.

A organización explica que é “unha actividade gratuíta para gozar da costa, das praias, da ría, do río Sor e de todo o entorno natural do municipio. Desenvolverase en diversas zonas, que irán variando en función das condicións meteorolóxicas”.