Do 8 ao 30 de outubro celebrarase en Barreiros o I Certame de Teatro Amador "Convida no Rural" no que participarán 8 grupos.

O mes de outubro chega cargado de representacións teatrais coa posta en marcha do I Certame de teatro amador “Convida no Rural” que organizan conxuntamente o Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao. Os días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro ás 19:30 horas as persoas asistentes poderán desfrutar de balde das seguintes representacións:
 
• 8 Outubro
o Obra: Departamento de selección
o Grupo: Disfunción continua (A Estrada)
o Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
 
• 9 Outubro
o Obra: Crime desorganizado
o Grupo: Agrupación teatral mariñá (Betanzos)
o Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
 
• 15 Outubro
o Obra: El lazarillo de tormes
o Grupo: El duende de lerma (Burgos)
o Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
 
• 16 Outubro
o Obra: O muro
o Grupo: Grupo humorístico Trípode (Alfoz)
o Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
 
• 22 Outubro
o Obra: A pena do cú do mundo 
o Grupo: O Aturuxo de Melpómene-Carrachanacacha (Narón)
o Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
 
• 23 Outubro
o Obra: Vivan os noivos
o Grupo: A Adala (Fazouro)
o Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
 
• 29 Outubro
o Obra: Es tu vida, húndela como túquieras
o Grupo: A cholón teatro (Manzanares El Real)
o Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
 
• 30 Outubro
o Obra: A derradeira bala
o Grupo: Farándula Velutina (Corcubión)
o Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
 
O Certame repartirá 800 euros en premios mais diversos trofeos, como o premio especial do público, nunha gala que se realizará o Domingo 6 de Novembro nos Colexios Vellos de San Miguel e no que actuará o grupo de teatro Ollomao coa súa obra “O documento”.