Do 9 de marzo ao 27 de abril impartirase un curso de iniciación á fotografía e ao vídeo dixital en Cervo. Está dirixido a maiores de 12 anos.

O Concello de Cervo organiza un curso de iniciación á fotografía e vídeo dixital que se desenvolverá desde o 9 de marzo ata o 27 de abril.

A actividade, impartida por Julio Noche, terá lugar todos os sábados, en horario de 17:30 a 20:30 horas e está dirixida a maiores de 12 anos, cun máximo de 15 persoas.

As inscricións poden facerse vía whatsapp no 691 656 600, na Casa da Cultura ou en dinamización@concellodecervo.com.

Para asistir será necesario: cámara de móbil con controis manuais ou cámara dixital e ordenador os días 23 de marzo e 15 de abril con Adobe Photoshop e Adobe Premier.