En Alfoz terá lugar o 16 de febreiro o obradoiro Control e xestión da dor

O obradoiro Control e xestión da dor terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro ás 10:30 horas na aula Omix do Centro Sociocultural de Alfoz.

Durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.

As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.

O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.