En Alfoz terá lugar un obradoiro de Cine en Igualdade os días 11 e 12 de novembro. Está dirixido a rapaces de 12 a 16 anos.

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de Cine en Igualdade, que se celebrará este mércores, día 11 de novembro, e xoves 12. Está dirixido a rapazas e rapaces con idades entre 12 e 16 anos.

Esta actividade é gratuíta e a inscrición debe facerse antes do seu comezo. Poderán participar un máximo de dez persoas e aplicarase o protocolo covid sendo obrigatorio o uso de mascarilla.

O mércores, día 11, abordarase o tema da gravación de vídeos, e o xoves 12 a edición e creación de vídeos. O horario será de 16:30 a 19:30 horas.

Colaboran nesta actividade: Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad; e Fondo Social Europeo.