En Foz celebrarase a cuarta edición do Festival de Bandas o 6 de agosto no que participarán tres agrupacións musicais.

O vindeiro 6 de agosto celebrarase en Foz o IV Festival de Bandas ás 20 horas na Praza Conde Fontao, que contará coa participación da banda Sons e Soños, a Banda Municipal de Meira e a propia Banda de Música de Foz.

En primeiro lugar intervirá a banda Sons e soños, dirixida por Armando Morales Blanco, que conta con músicos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.

Seguidamente, a Banda Municipal de Meira, dirixida por Francisco Javier García Canto, que celebrou recentemente o seu 20 aniversario e mesmo están a sacar un disco para a ocasión. Ademais contou coa participación da propia banda de Foz.

E por último a banda da vila de Foz actuará tamén neste evento musical baixo a dirección de Pablo Peláez.