En Foz celébrase o 12 de xullo o V Festival Coa Nosa Fala, que será conducido por Paco Lodeiro. O evento presentouse na Deputación de Lugo.

O Deputado de Turismo Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a V edición do Festival Cultural “Coa nosa fala”,que se celebrao mércores 12 de xullo no Campo da Cabana de Foz.Este festival naceu para contribuír a promocionar á musica feita en Galicia por músicos galegos. O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de 3.000 euros para a celebración desta actividade no Concello de Foz, sendo a única administración impulsora, xunto co Concello, desta iniciativa.

Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta iniciativa, que nesta edición ten como obxectivo homenaxear o traballo incansable do músico mariñán, Arcadio Mon, falecido o ano pasado. Mon ademais dun gran compositor, foi o fundador da Escola Municipal e da Banda de Música de Foz, polo tanto é un verdadeiro referente para moitos músicos de moitas xeracións da Mariña Lucense”.

“Dende o Goberno da Deputación apoiamos todas as iniciativas que contribúan a poñer en valor a nosa cultura, a nosa música e ás nosas tradicións,e ao mesmo tempo reivindicar o legado dun artista que merece o recoñecemento de todos os seus veciños. Un evento que nesta edición xa cumpre cinco anos e no que esperemos se siga consolidando”, explicou.Ademais Eduardo Vidal convidou a todos visitantes a visitar e descubrir Foz “unha vila que ten verdadeira xoias patrimoniais e naturais, como as súas praias”.

JorgeJavier Castiñeira agradeceu o traballo de todas as asociacións e institucións que apoian esta iniciativa, eremarcou “que esta nova edición será un verdadeiro homenaxe á musica galega e aos autores locais, e ao mesmo tempo contribuirá a a promover a nosa lingua e a nosa cultura”.
O Alcalde de Foz explicou este festival é moi especial en Foz,xa que este ano homenaxéase a Arcadio Mon, fundador deste evento, e no que participarán os catro grupos musicais que actuaron na 1º Edición deste Festival. “Este ano quixemos recoñecer o traballo de Arcadio porque el foi o verdadeiro impulsor deste proxecto, co que quixo reivindicar un espazo para a música galega e os artistas galegos. Por iso decidimos convocar a estes grupos aos que el estaba tan vencellado. Arcadio Mon merece esta homenaxe, a súa aportación musical e cultural é innegable. O pobo de Foz estará sempre en débeda con el”.

Programación
Esta nova edición de “Coa nosa fala”, comezará ás 22:00 horas no Campo da Cabana, e será presentado polo actor e presentador Paco Lodeiro, que tamén quixo sumarse a esta homenaxe. Ao longo da velada actuarán todos os grupos que participaron na I edición deste festival, son concretamente; Escola de Meus, Chingla, Sito Sedes e Tito Calviño, aos que ArcadioMon estaba moi vencellado.

ArcadioMon, biografía
ArcadioMon García (1967-2016), músico e compositor, naceu en Bacoi (Alfoz), no seo dunha familia de intérpretes. Para este compositor a música sempre foi a súa gran paixón, a súa vocación e a súa profesión. Formouse musicalmente na Coruña, onde tocou en numerosas orquestras. Ademais fundou a Escola de Música de Foz e dirixiuna durante anos,etamén a Banda de Música da localidade. Foi promotor incansable de numerosas iniciativas musicais por toda a Mariña lucense, entre elas o Festival “Coa nosa fala”.