En Mondoñedo pódese ver durante o mes de marzo un mural que recoñece a contribución que varias mulleres tiveron para a cidade. Atópase á entrada do Concello.

O Goberno local exporá na entrada do Concello, durante todo o mes de marzo, un mural no que destacan a contribución que varias mulleres tiveron coa localidade. Trátase do recoñecemento público á traxectoria de varias mulleres que destacaron na cidade tanto a través da súa vida persoal como laboral, así como polas achegas que fixeron e están a facer ao resto da sociedade. 

Esta exposición inaugurase mañá, 8 de marzo, ás 12:00 horas, e permanecerá todo o mes de marzo, no Concello. 

Na mostra figuran mulleres como Emma Valcarce, a primeira alcaldesa da cidade de Mondoñedo entre 1987 e 1995; Ánxeles Vázquez, xornalista e escritora galega; Antonia X.Santos, unha das primeiras fotógrafas galegas e fotógrafa do Carlismo de Mondoñedo; Alicia Tezanos, mestra da primeira escola nacional mixta de párvulos de Mondoñedo; e Ainara Rodríguez, campiona autonómica e clasificada para o Campionato de España de 1.000 metros de atletismo.