En Ribadeo o 2 de xuño terá lugar o Festival Solidario contra o Cancro. Será no auditorio municipal.

Este venres, 2 de xuño, celébrase en Ribadeo o Festival Solidario contra o Cancro. Terá lugar ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval.

Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Coro Sagrado Corazón e os grupos Dum Tak de Nur e Maktub. O espectáculo será presentado por Susana Álvarez (Susi).

Organiza a Asociación Española contra o Cancro en Lugo coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.