En Viveiro o Black Friday terá lugar os días 22 e 23 de novembro. Na cita participan 66 establecementos comerciais asociados ao CCHV.

O Centro Comercial Histórico de Viveiro porá en marcha a campaña Black Friday os días 22 e 23 de novembro. Traballando estes días en recuperar a actividade comercial habitual tras as inundacións sufridas, podemos indicar que o éxito de participación de negocios nesta iniciativa é superior ao habitual. Agora mais que nunca podemos decir que a palabra unión cobra todo o seu significado. Serán 66 negocios participantes, de varios sectores distintos, que farán fantásticos descontos durante o xoves 22 e vernes 23, coñecido como o venres negro.  

Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, tecnoloxía, papelerías, ferretería, xoguetes, fotografía e axencias de viaxes. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fará que sexa moi atractiva para os clientes, así como os grandes descontos cos que se atoparán que van dende un 10% ata un 70%. 

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color Negro de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, así como estrelas da mesma cor pegadas nos escaparates indicando os descontos. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sin ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.