En Xove terá lugar do 26 ao 30 de marzo o XXVIII Curso de Música da Semana Santa. Está organizado por PrestoXove e patrocinado polo Concello.

O xoves 29 ás 19:00 horas terá lugar un concerto de cámara, e o venres 30 tamén ás 19:00 horas será o concerto de clausura. Ambos baixo a dirección de Xan Carballal e terán como escenario o salón de actos do Centro Cívico de Xove.

O Curso de Música será impartido polos profesores Nazaret Canosa, Oscar Tomé, Nara Carballal e Saúl Canosa. 

Este evento musical está organizado por Prestoxove co patrocinio do Concello de Xove.