A Escola Municipal de Música de Burela acollerá audicións de frauta e vento metal os días 22 e 23 de febreiro.

O vindeiro martes, 22 de febreiro, ás oito da tarde terá lugar unha audición de frauta na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Orquestra.

O director do centro, Xan Carballal, comenta que “a actividade enmárcase dentro da programación deseñada para o presente curso académico 2021-2022”.

E o mércores, día 23, haberá unha audición de vento metal ás 19:30 horas.